top of page
Buscar
  • A l e j a n d r o

Fume silencioso.

Actualizado: 7 mar 2019


Sorrí, e trala derradeira calada, chimpa o pito ó seu carón. Abanea a testa negando, cun aceno feliz á vez que incrédulo. Todo saíra ben. Baixa polas escaleiras de vella fortaleza do Castro, onde xa non quedan parellas de namorados, onde xa non hai ninguén.


Aquel vello Seat xa non tira coma antes, pero aínda trota polo asfalto quente de setembro, ferido e negro, como se lle quimasen as rodas. Na praza crúzanse cunha patrulla policial, azuis e brancos nos muros, laranxas no ceo e en branco a mente, cando ó fin chama ela.


Chegando xa á beiramar, detén o vehículo ó carón dunha cabria que flota de milagre e que algún día foi de cor verde. A voz que chama, pregunta:

- Fixéchelo?

- Si, fai cinco minutos.

Colga, acende outro cigarro e bota con raiba a pistola ó mar...


36 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Vigo.

Áncora.

bottom of page