top of page

Amencer.

  • A l e j a n d r o
  • 11 mar 2019
  • 1 Min. de lectura

Amencer cuberto, noite que morre cunha calor que enchoupa os camiñares perdidos. Os sorrisos perden forza e os abrazos minten con descaro. Os pensamentos son lonxanos. Agradezo o cheiro dun cigarro que se cruza coa miña cara tras unha morea de vasos de cristal.


Fuxo da lembranza do teu sorriso mirando uns ollos que son mar e ceo, lonxanos e cálidos, cheos de dor e que pregan por unha aperta blanca, pura. Ese bico curto, cativo e cautivo, medoso, quere medrar e berrar forte que xa o superaches, que ceive, o teu corazón xa non ten medo a compartir.



Entradas recientes

Ver todo

Comentarios


©2019 by Ardora. Proudly created with Wix.com

bottom of page