top of page
Buscar
  • A l e j a n d r o

Un serán para lembrar.

Adrián entrou convencido, baixando cada chanzo da bancada coa esperanza no seu sorriso. Chegou a min entre a pena e o abatemento nas miradas do resto de seareiros da bancada, engulidos pola goldría que era a realidade futbolística do equipo Celeste.


- Imos meter tres.

- Non ves que imos palmando cero a dous?

- Faime caso, mireino, seino, estou convencido.

- Pero se estamos dando pena...


E así foi. O 1-2 de Iago caeu como unha faísca nunha plantación de eucaliptos. O val do Fragoso ardía e todos fomos un, empurrando e alentando nun serán que morria ó tempo que medraban as esperanzas celestes.


O gol de Maxi foi eléctrico e, lonxe de tranquilizarnos, acelerou a ansiedade na procura do terceiro e definitivo. Na busca do que case nunca acontece nestes lares, na procura da milagre.


Gol. Apertas, bicos e bágoas no serán do val. Ledicia e esperanza. Celtismo.


No lapso de tempo que foi dende a sinalización da máxima pena a Brais e o intre en que o balón lanzado por Iago tocou a rede, nese espazo temporal, puidéronse ter grabado vinte mil películas...ou tan só unha. Un filme que falara do que significa o fútbol, da esperanza, de unión ou da fe. Fe no vello estadio municipal de Balaídos. Ti en que cres? Eu creo no Celta.


55 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page